Thursday 28 de March de 2024

O II Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía reunirá a máis de douscentos expertos en Noia os días 5, 6 e 7 de xullo


O Congreso incluirá unha xornada de portas abertas ao público

O Coliseo Noela acollerá do 5 ao 7 de xullo aos máis de douscentos expertos que participarán no II Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía. Un congreso que foi presentado  polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; dous dos presidentes do certame, os doutores Benjamín Martín Biedma e Andrés Blanco Carrión; e o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, José María Suárez Quintanilla.

O alcalde noiés salientou que este congreso é “una actividad más incluida dentro de las iniciativas con motivo de la celebración del 850 aniversario de Noia” e indicou que “además de la actividad formativa, también habrá actividades de carácter lúdico-turístico para que los acompañantes desfruten de Noia y de la ría de Muros-Noia”.

Benjamín Martín Biedma explicou que “en la primera edición contamos con 200 inscriciones y el número total de personas que movilizó el Congreso fue de unas 300. Esperamos repetir el mismo éxito”. Neste sentido, indicou que “el objetivo del Congreso es presentar las últimas actualizaciones en materia de odontología, donde cada conferencia contará siempre con un profesor de la Universidad de Santiago de Compostela y un profesor invitado”, entre os que figuran docentes de España, Portugal, Suiza e Chile.

Pola súa banda, Andrés Blanco Carrión amosou o seu agradecemento á USC pois “participará de forma muy activa en el Congreso, con los mejores profesores de la Facultad de Medicina y Odontología”. Finalmente, José María Suárez Quintanilla explicou que “se había planteado que la sede del Congreso no fuera fija, pero el éxito de la primera edición fue absoluto y decidimos repetir”.

Programa: xornada de portas abertas

A gran novidade desta segunda edición é que a xornada inaugural do xoves 5 de xullo será unha xornada de portas abertas do Congreso. “Queremos que haya una interacción entre los profesionales del mundo dental y los vecinos y vecinas de Noia”, apuntou Benjamín Martín Biedma. Unha xornada inaugural que terá como epicentro a conferencia “Mi experiencia como embajador en el Vaticano”, a cargo de Francisco Vázquez Vázquez, ex embaixador de España na Santa Sede. Unha charla que terá lugar ás 19:00 horas, tras unha presentación a cargo de Manuel Estévez Saa, profesor da Universidade da Coruña.

Nesa mesma xornada de portas abertas, inclúense dúas charlas: “Lanzamento dun produto: do soño á realidade”, a cargo de Sebastián Romero, director general de Straumann-España (16:30 horas) e “A tecnoloxía que nos convertirá en semi deuses? O control do natural polo homo sapiens”, a cargo de Agustín Sánchez, director comercial de Dentsply-Sirona (17:15 horas).

O programa de expertos para o venres e sábado desenvolverase de acordo co seguinte horario:

Venres 6 de xullo:
• 09:30 h. Entrega documentación.
• 10:00 – 10:45 h- PATOLOXÍA ORAL: “Patoloxía da mucosa oral, o tratamento”.
– Dr. Andrés Blanco Carrión – U.S.C.
– Dr. José López López – U.B.
• 10:45 -11:30 h.- TRATAMENTOS PERIODONTAIS
– Dr. Juan Blanco Carrión – U.S.C.
– Dr. Luis Aracil Kessler – U.C.M.
– Dr. José Sanz – U.C.M.
• 11:30 – 12:00 h.- Visitas á exposición comercial – Primeira planta Auditorio Noela
• 12:00 – 12:45 h.- Odontoloxía Estética: ¨Composite vs Porcelana no sector anterior. Indicacións no manexo de casos complexos
– Dr. Pablo Castelo Baz – USC
– Dr. Joao Carlos Ramos – UC – Portugal
• 12:45 – 14:00 h Esndodoncia: ¨Endodoncia hoxe: do uso de antibiótico ás potencialidades tecnolóxicas da Endodoncia contemporánea
– Dr. Benjamín Martín Biedma -USC
– Dr. Nicolas Ferraro Saldías -U Finis Terrae – Chile
– Dr. Juan José Gaite García UPV
• 14:00 – 14:15 h.- Recepción Oficial de Autoridades. Inauguración do II Congreso do Consello Galego Odontólogos e Estomatólogos
• 14:30-16:00 h.- Comida do Congreso, Auditorio Coliseo Noela
• 16:00-18:00h.- Defensa das Comunicacións en formato Poster Planta primeira – Exposición comercial do Congreso

Sábado 7 de xullo:
• 10:00 – 10:45 h.- Cirurxía Oral
– Dr. José María Martínez González- UCM Complicacións en exodoncia
– Dr. Francisco Naveiras Varela. – Tenerife Implante de diámetro estreito en agenesia de laterais
• 10:45 – 11:30 h.- “ Estado da profesión en Galicia ¨
– Presidentes dos colexios de dentistas de Galicia
– Dr. José María Suárez – Dr. Alejandro López – Dr. Segundo Rodriguez
• 11:30- 12:00 h.- Visita á exposición comercial. Primeira planta auditorio Noela
• 12:00 – 12:45 h.- Anatomía aplicada á odontoloxía
– Dr. Juan Antonio Suárez Quintanilla. – USC
– Dr. José Antonio Vega Alvarez. – UO
• 12:45 – 13:30 h.- Patoloxía oral e cirurxía: “Sorpresas bucais”
– Dr. Abel García García – U.S.C.
– Dr. José Manuel Aguirre Urizar – U.P.V.
• 13: 30 h.- 14:15h.- Blanqueamento dental
– Dr. José Amengual Lorenzo. -UV
– Dra. Beatriz Suárez Mallo. – USC